Coplant xurde da unión de viveiros da comarca de Baixo Miño para dispoñer dunha plataforma loxística e comercializadora que dea saída á planta ornamental que cultivan. Dispoñen de 3.000 referencias diferentes e, cada ano, 6 millóns de plantas saen das súas instalacións para ser vendidas, a metade delas exportadas no continente europeo. «Estamos preparados para seguir medrando ata un 30% máis e caracterizámonos polo just in time. Se pides unha planta nos países de Europa nos que estamos presentes chega en arredor de 72 horas», sinala Álvarez. Ante alumnos de bacharelato defendeu a importancia do sector primario na comarca, que serve para «fixar poboación» e ofrece soldos e empregos de alta cualificación: «Dos 130 empregados de Viveiros Río Tollo hai perfís moi técnicos, cualificados e de enxeñaría, temos que erradicar a imaxe de que non é un sector moderno e de futuro».
Iago García
/
Álex López-Benito
/
Senén Rouco