Nadal: tempo de ledicia, de vacacións e de agasallos. Ás veces só pedimos xoguetes, pero moitos quedan arranxados en recunchos aos poucos días de recibírmolos, e ás veces mesmo intres despois de abrilos. É que, se o fan todo eles, non son para nada entretidos. En cambio, os libros... Os libros fan voar a imaxinación e algúns teñen presentacións tan fermosas que son en si mesmos alfaias. Velaquí algunhas suxestións para regalar (ou para pedir aos Reis Magos) neste Nadal. Para todas as idades!
Carlos Ocampo