A obra que hoxe presenta Miguelanxo Prado no Salón de Cómic de Barcelona é un traballo feito desde o estómago, desde a indixestión que lle provocou coñecer casos de preferentistas, de estafados e de desafiuzamentos. Un traballo editado en galego por El Patito, en castelán por Norma, presentado como cómic policíaco cunha forte carga social e no que por vez primeira o creador coruñés recrea a súa cidade e prescinde da cor. «Presas fáciles» é unha declaración contra os excesos da banca
Rubén Santamarta