01 mar 2001
Xurxo Lobato expón no Museo do Pobo «El color del sur»
O fotógrafo mostra imaxes da fame en seis países de tres continentes Organizada pola ONG Acción contra el hambre, o Museo do Pobo Galego ofrece a exposición «El color del sur», do fotógrafo Xurxo Lobato. Son fotos cheas de luz e cor feitas en seis países nas que Lobato «ha vestido de belleza la desventura», como di nun dos textos do catálogo o profesor Ramón Núñez. Esta mostra inaugúrase hoxe ás 20.00 e estará aberta ate o 31 de marzo.
REDACCIÓN