A organización das festas destina 378.637 euros a un programa no que haberá orquestas, animación na rúa, xogos para rapaces e fogos A cidade de Ourense vivirá este ano unhas festas que queren pasar á historia como as máis participativas das últimas décadas. Por todo Ourense, das Lagoas a Mariñamansa, se repartirán as actividades, concertos e actuacións. Do 1 ó 9 de xuño a cidade vivirá días intensos de festa e animación continúa nas rúas. O programa das Festas de Ourense 2002 foi presentado onte no concello polo alcalde e os responsables de Cultura e Deportes, Manuel Cabezas, Aurelio Gómez Villar e Jorge Gómez Barril respectivamente. Unhas festas, as do Corpus, que contan cun presuposto de 378.637,63 euros (63,00 millones de pesetas).
REDACCIÓN